29 de septiembre de 2011

EZA026 Trilho Transparque (Melgaço)


Insistimos en espallar a pandemia alén das nosas fronteiras, e seguindo a liña do río Laboreiro escribimos unha das páxinas máis fermosas da nosa historia Zombi. O noso senhor da Boa Morte inspirou a Comandante Z nunha ruta arraiana na que, deseguro, insistirán outros colectivos, seguindo a nosa estela antisendeirista. Mergullámonos unha, dúas e ata tres veces, e o Zombi con Botas tivo un momento verdadeiramente terrorifico en Ameijoeira.

25 de septiembre de 2011

EZA025 Trilho da Varanda do Coura (Paredes de Coura)


A pandemia, as veces, é algo recurrente, e por iso volvemos as terras do Coura, o mesmo sendeiro que o Zombi Zero percorrera en solitario tan só un mes atrás. A primavera rivalizando co outono que xa estaba a alfombrar as fragas de follasca. Pouco antisenderismo, eso si, xa que non descubrimos o bar ata o final da ruta. A nosa tolemia, poidemos comprobar, tamén é contaxiosa, e houbo quen viu con nova máscara ¡magoa de non ter testemuña gráfica!

18 de septiembre de 2011

II Andaina do Galiñeiro contra os eólicos


Antes de que a pandemia dos eólicos invada a serra do Galiñeiro, os Eivadiños Z sumáronse a un feixe de ciudadans conscientes e solidarios para berrar en defensa da Terra. Quizáis non sexa máis que outro acto romántico contra a inminencia do Apocalipsis, e non fósemos quen de rachar o silencio dos miles de zombis urbanitas que decidiron quedar ó abrigo do cemento e do asfalto, pero que outra cousa nos queda senón berrar o vento, para saber que somos algo máis que xente.

11 de septiembre de 2011

EZA024 Trilho do Cabeço do Meio Dia (Caminha)


Tantos excesos na nosa dieta carnivora (por algo somos zombis) leváronnos á procura dun menú vexetal, e chegamos a Caminha seguindo o rastro equivocado. Comimos tarde, mal e arrastro, e como penitencia subimos á Serra da Arga, nunha tarde gris e poallenta, na que esquilmamos canto árbore frutal atopamos polo camiño. A nosa pandemia estendeuse, por simpatía, ata terras francesas.

4 de septiembre de 2011

EZA022 Sendeiros da Franqueira e do Xabriña (Pontevedra)


A pesares de que prometía unha xornada moi antisenderista, comendo con verdadeiro apetito zombi, e cunha climatoloxía que facía dubidar as criaturas helitrópicas, o final a Comandante Z explorou, fixou e guiou as nosas minguadas tropas (cousas do Apocalipsis) seguindo o rastro dos romeiros da Franqueira, e dende alí espallamos novamente a pandemia polas beiras do Xabriña.