13 de noviembre de 2011

EZA033 Leiro - Lebosende - Paredes (Ourense)


Ameazaba tormenta, máis os zombis semellan que son inmunes ós cambios climáticos, así que fixeron acopio de forzas en Quins, onde tiveron unha enchenta de carnochada, e avanzaron polas terras do Ribeiro, ata Leiro, para espallar a súa pandemia Antisenderista. Paparon mazáns, uvas, ervedos e figos, para completar a súa dieta, aínda que non poideron completar a súa ruta.

6 de noviembre de 2011

EZA032 Ruta do Canón do Sil, one more time (Ourense)


Como bós zombis, insistimos nos territorios xa infectados, e outra vez as nosas pegadas se espallaron pola Ribeira Sacra, camiñando entre soutos pragados de follasca e sorteando cantís con espectaculares panorámicas. Entramos no pobo cando o sol xa desaparecera do mundo, confundidos coas tebras, e non houbo balbordo de cans, nin murmullo de vellas, pois a nosa colonización estaba completa.

1 de noviembre de 2011

EZA031 Ruta do Canón do Sil (Ourense)


Era o tempo dos ourizos e das follascas tentando sepultar as nosas pegadas, tanto foi así que dimos voltas de máis para chegar a un territorio que pedía a gritos que espallaramos a nosa pandemía. E foi alí, preto das beiras do Sil, onde atopamos esa sínfonia de cores das que nos falaba o profeta, nos tempos aqueles nos que o Apocalipsis semellaba tan lonxano...