22 de abril de 2012

EZA056 Alto Covas - Rio Castro Laboreiro (Melgaço)


Sete zombis cal fregueses acudiron a súa cita dominical de Amaquía, as vellas dores do Zombi Zero atoparon o camiño para que este percibise antigas sensacións impedindolle arengar e pór orde entre as tropas na expansión da súa pandemia polas terras arraianas dos seus devanceiros...

8 de abril de 2012

EZA055 Trilho Castrejo (Melgaço)


A piques estivo a nosa Comandante Z de deixarnos sen mando nen rumbo, o ver unha auténtica avalancha de zombis acudindo a nosa cita de Amaquía. Dín que eran lexión, e despois dun momento de pánico, os Botas resolveron levarnos á terra dos antergos do Zombi Zero, nas serras arraianas que rodean Castro Laboreiro. Houbo que facer penitencia cara o Bico do Patelo, pero ninguén se queixou, e a pandemia espallouse ata a mesmisima aba de Pena de Anaman, onde o MotoZombi subiu o púlpito a contar unha de guerra, e unha paisana do ToxoZombi ofreceunos unha cantiga medieval, mentres a intrépida cadela Z tentaba atrapar algún resto do almorzo. Moitas lembranzas espalladas polo camiño, mesturadas con sorrisos e pegadas.

7 de abril de 2012

EZA054 Trilho da Chã da Franqueira (Caminha)


O retorno da Capitana ás tropas Eivadiñas fixolle replantexar a comandancia a deriva das derradeiras convocatorias, e deunos unha xornada de respiro na Serra d'Arga, onde semella que se adiantou o Apocalipsis. Otra vez saímos, e comeza a ser tradición, dun cemiterio, e dende alí percorrimos canicouvas e congostras, visitando unha fermosa fervenza e algún pobo con encanto. Non chegamos ós quilómetros reglamentarios, pero tomamos as cervexas de reglamento para celebrar o reencontro cos amigos.

5 de abril de 2012

EZA053 Polas terras do Alvarinho (Melgaço)


Saliron do cemiterio do Divino Salvador de Paderne os nosos destemidos e defuntos Eivadiños, camiñando polas tumbas, congostras e toxeiras, baixo un ceo realmente apocaliptico, para completar un círculo (case) perfecto, coa intención de encerrar dentro del as terras fértiles do Alvarinho, onde quedara para sempre espallada esta pandemia. O Antisenderismo tivo un día grande, e deron voltas e reviravoltas para acadar a recompensa de café e cervexas a metade de camiño. A chuvia, por fin, apareceu coas chegada das tebras e tiveronse que botar á estrada para evitar males maiores.