29 de enero de 2012

EZA041 Branda d'Aveleira - São Bento do Cando (Melgaço)


As nosas tropas medraron como unha auténtica pandemia, e volvimos insistir neses territorios nos que os Eivadiños deron en resucitar de entre os mortos. Volveron camiñantes históricos, para demostrar que mentres se camiña semella a ilusión de que se está vivo, e trouxeron reforzos que, a bo seguro, han de resultar importantes. A nosa Comandante volveunos mostrar as claves dunha boa infección, e entramos en San Bento dende o ceo. A nosa Senhora da Boa Morte sorría dende a súa camiña.

22 de enero de 2012

EZA040 Máis alá do Camiño da Raíña (Pontevedra)


Seguimos os pasos da nosa raíña, a Comandante Zeta, que deu en mostrarnos o camiño dunha nobre da nosa terra, a malograda dona Urraca, e infectamos o curso do río Calvo coas nosas pegadas, nun territorio onde os soños aparecen sen que sexa preciso pechar os ollos. O xantar foi un auténtico festín, onde o apetito das tropas zombis semellaba non ter fin.

21 de enero de 2012

EZA039 Trilho dos Penedos do Leboreiro (Melgaço)


O virus xa estaba espallado por todo o corpo do Zombi Zero, e quizais por eso os Zombis con Botas deron por espallar a pandemia por tódolos cumios de pedra preto de Castro Leboreiro, ou por case todos. Unha ruta de altura, camiñando por sendeiros aereos nos que semellaban camiñar sobre as nubes. Algo máis que monstros estes tres intrépidos Eivadiños, que foron acompañados da non menos intrépida Zeta, unha cadela do Leboreiro que xa acompañou ós Botas en outras ocasións.

16 de enero de 2012

EZA038 Sendeiro dos eólicos do Faro de Avión (Ourense)


Como naquel film de Os luns ó sol, marcharon tres zombis ociosos a colinizar as xeadas terras da Serra do Faro de Avión. E sin facer moito ruido abríronse paso entre toxos e xestas, entre neves e xeos, para darlle unha voltiña de regulamento a eses xixantes que, a falta doutra cousa, moen as nubes para beneficio dalgúns. Tres xeitos diferentes de camiñar, ou de arrastrarse, que confluiron para darlle outro sentido o primeiro día da semán.

15 de enero de 2012

EZA037 Castro Laboreiro Invernal (Melgaço)


Os ceos non eran propicios, pero non por eso se desanimou a nosa élite zombi, e deron en insistir nas terras de Castro Leboreiro para espallar a súa pandemia antisendeirista. Alí atopáronse unha nevarada de regulamento, e nin tan siqueira esto foi quen de facerlles arrendar dos seus obxectivos. A dirección da Comandante Z foi, unha vez máis, impecable, tanto foi así que a contratamos para a seguinte xornada.

8 de enero de 2012

EZA036 Trilho das Garças (Paredes de Coura)


O Apocalipsis anunciado polos maias xa está preto, e a tropa zombi volveu a insistir nas súas orixes, nesas terras do Coura onde xurdiu a semente dos Eivadiños. A climatoloxía acompañou, e mesmo o ceu se encheu dunha bandada de garzas, asombradas da nosa insistencia nos seus (nosos) territorios. Quizais non chege outro ano, pero este promete moito camiño.