26 de febrero de 2012

EZA046 Rota do Lobo (Melgaço)


A pesares de que se declarara o Apocalipsis por decreto, ou precisamente por elo, acudiron moreas de zombis en desordenada formación o punto de encontro. A Comandante Z case des-falece, máis colleu novamente as rendas e deu por levarnos a espallar a nosa pandemia onde o mundo se chama Lamas de Mouro. Fermosas fragas alfombradas de follasca seca, e penedos espallados por toda a Portela do Lagarto. O Tucho liderou o festín final, en Salvaterra, onde descuartizaron porcos e quicos para os nosos Eivadiños.

19 de febrero de 2012

EZA045 Trilho mixto Vascões-Moinhos (Paredes de Coura)


Mentre o mundo andaba a berrar contra as inxusticias do sistema, un par de eivadiños, algo máis zombis e desnortados do normal, buscaban acubillo onde prendeu o xerme da súa pandemia, e mesturaron os camiños do Coura ata dar cunha ruta de reglamento. Loitaron o seu xeito, sabedores de que aínda quedan moitas batallas que librar, e volveron xuntarse cun bo feixe de imáxenes para partillar.

17 de febrero de 2012

EZA044 Trilho do Glaciar e do Alto Vez (Arcos de Valdevez)


¿Q ue terá o aire de Sistelo que ata os zombis envelena? Non pasara un día enteiro e as nosas tropas, sen Comandante, pero con novos Eivadiños, xa estaban subindo polos camiños carreteiros de Porto Cova, decididos a completar o trilho glaciar. Foron moitos os suores arrincados, e poucos os lamentos, pero dimos en seguir infectando coas nosas pegadas e sorrisos as terras do Alto Vez, derretindo as grosas capas de xeo que aínda resistían nas sombras.

16 de febrero de 2012

EZA043 Máis alá das brandas de Sistelo (Arcos de Valdevez)


O cambio climático trouxonos unha primavera insólita, sinal inequivoca da proximidade do Apocalipsis, e os máis destemidos Eivadiños Z derón por seguir espallando a súa tolemia polas escarpias do Vez, alleos ó día que marcaba o calendario. Foi moito o desnivel atacado, as horas invertidas, os quilómetros devorados, pero pagou a pena no reconto das brandas máis ailladas de Sistelo. Os garranos comendo toxos churruscados e a raposa rillando os osos das cachenas foron outra das sinais do fin dos tempos.

5 de febrero de 2012

EZA042 Trilho do Val da Gadanha (Monçao)


Desprezando as predicións meteorolóxicas a tropa Eivadiña deu en seguir espallando a pandemia zombi polo fío da Gadanha, seguindo a estela da Comandante Z, que nos fixo avanzar por un territorio de aventura sen escoitar os laios (que os houbo) dos que non están afeitos a deixar a pel nos camiños (ou máis ben era a fame, e as ganas dun bar onde facer un esquinocio). Outra ruta de luxo para amantes do extremo, na que insistimos nos principios fundacionais (a paparota en Salvaterra fixonos inmortais).