25 de marzo de 2012

EZA052 Trilho Curro da Velha (Melgaço)


Tan só unha semán despois da intensa nevarada nas cumbres do Laboreiro, o ceo botou un alento de lume, para confirmar a inminencia do bendito Apocalipsis. Para celebralo os nosos destemidos espalladores da pandemia EZA, foron devorar borrego e cabrito ás abas do castelo de Castro Laboreiro, e despois de discutir sobre un feixe de trilhos, decidiron sortear o desnivel terrible do Curro da Velha, baixo a direción colexiada dos Comandantes con Botas, que agasallaron o Zombi Zero con outra aventura para curar a súa resaca.

18 de marzo de 2012

EZA051 Sendeiro circular de Penagache (Ourense)


Nun deses días nos que semella que vai rematar o mundo, os Eivadiños Z derón en conquistar o Penagache dende o seu máximo desnivel, subindo dende Xacebáns e baixando por Bangueses, e disfrutaron e sufriron de tódolos tempos posibles: sol e nubes, sarabia, poalla e vento, e unha nevarada que non por avisada foi menos impresionante. Unha andaina de campionato, máis de vinte quilómetros a trote cochinero, desas que darían envexa o mesmo Zombi de Paramos.

17 de marzo de 2012

EZA050 Sendeiro do río Esmoriz (Ourense)


Ainda cos peores presaxios, desafiando ás previsións meteorolóxicas (confirmadas), ós bisontes e xabaríns (ou máis ben os cercados que os gardan), ós camiños que rematan ou desaparecen na maleza, os Eivadiños Z seguirón espallando a súa particular pandemia polas terras de Padrenda, nunha saída atípica que, deseguro, terá segunda parte. Cea excesiva en Trado, e dixestión nocturna en Abellás, que nos serviu de refuxio.

15 de marzo de 2012

EZA049 Trilho do Megalitismo do Planalto de Castro Laboreiro (Melgaço)


Fuxindo da tolemia das metrópolis arrasadas pola pandemía consumista, un pequeno destacamento de zombis, cada vez máis afastados das súas eivas (polo menos das visibles), volveron insistir nas súas razóns a un e a outro lado da raia seca, onde o mundo dase en chamar Laboreiro. A Comandante Z e mailo Zombi Zero fixeron inventario de mámoas, de turullos de lobo, de rabos de nube e das delicias d'A Maquía, e sufriron os rigores do cambio climático, adiantándose a un fin de semana que semella apocaliptico.

14 de marzo de 2012

Zombie Games 03 (Feed Mee!)


Zombie Games 03 ... Feed Mee! >> (notDOPPLER)

Alimenta bien a los hambrientos zombis que vienen al restaurante de Carol, si no quieres que ella se convierta en su alimento.

11 de marzo de 2012

EZA048 Polas escarpas de Lamas de Mouro (Melgaço)


Insistindo nos lugares é como realmente se coñecen, como se espalla a nosa pandemia, a nosa tolemia, e como eses lugares fanse fortes no noso imaxinario colectivo. Por eso a nosa Comandante Z deunos por guiar novamente polas escarpas da serra da Peneda, subindo entre toxos e carqueixas, e baixando por perigosas pedreiras, onde a piques estivemos de deixar a nosa pel. Camiños esforzados, como os da amistade, onde se demostra a que andando, unha vez máis, faise camiño.

4 de marzo de 2012

EZA047 Sendeiro panorámico do río Cerves (Ourense)


Outra vez a élite Eivadiña dei por facer oídos xordos as predicións meteorolóxicas, e seguiron ós Zombis con Botas na procura de debuxar un círculo perfecto en torno o canón do Cerves, para que a súa pandemía seguirá espallándose polas terras de Melón e Ribadavia. A primavera adiantouse, e a nosa tropa perseguiu rabos de nube durante preto de vinte quilómetros, baixo a atenta direción da nosa Comandante Z. Os que quedaron en casa non saben o que perderon (agás o Zombi Xacobeo e a Zombi Melodramática que xa se adiantaran o día anterior).

1 de marzo de 2012