A piques estivo a nosa Comandante Z de deixarnos sen mando nen rumbo, o ver unha auténtica avalancha de zombis acudindo a nosa cita de Amaquía. Dín que eran lexión, e despois dun momento de pánico, os Botas resolveron levarnos á terra dos antergos do Zombi Zero, nas serras arraianas que rodean Castro Laboreiro. Houbo que facer penitencia cara o Bico do Patelo, pero ninguén se queixou, e a pandemia espallouse ata a mesmisima aba de Pena de Anaman, onde o MotoZombi subiu o púlpito a contar unha de guerra, e unha paisana do ToxoZombi ofreceunos unha cantiga medieval, mentres a intrépida cadela Z tentaba atrapar algún resto do almorzo. Moitas lembranzas espalladas polo camiño, mesturadas con sorrisos e pegadas.