19 de junio de 2011

Primeira andaina polos Montes do Morrazo


Arredor de 40 persoas participaron este sábado 18 no primeiro dos roteiros organizados pola Plataforma en defensa dos Montes do Morrazo para defender e dar a coñecer a grande riqueza natural, paisaxística e patrimonial destes montes.

Lembramos que a pesares de que son un espazo natural protexido está ameazado por numerosos proxectos como son polígonos industriais e un parque eólico recentemente adxudicado á empresa Enel Power Green.

O primeiro roteiro contra o parque eólico comezou pouco despois das 10 da mañá en Chan de Arquiña onde os e as numerosas participantes puideron escoitar unha breve explicación por parte do arqueólogo moañés Alexandre sobre a riqueza patrimonial existentes nos Montes do Morrazo.

O roteiro que durou aproximadamente 4 horas percorreu as cimas do Morrazo, desde Monte Faro de Domaio até Coto do Home desde onde os e as participantes do roteiro, a pesares de non estar un día totalmente claro, puideron disfrutar dunhas impresionantes vistas sobre as rías galegas e os montes do Barbanza e do norte de Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario