6 de mayo de 2012

EZA057 Ruta dos Montes de San Cibrán (Pontevedra)


Os ceos de treboada non fixeron mella no ánimo dos Zombi Z, aínda que pesaron para que quedaran deste lado da fronteira. A Comandante Zeta guíonos con man de ferro e guante de seda polos penedíos de San Cibrao e Budiño, onde tantas nostalxías se lle agocharon na mochila ó Zombi Zero. Houbo moito melodrama e moito sorriso espallado pola Salopin e por Christelle, e semella que ata Javi e o señor Botas compartiron algunha conversa con fundamento. O ceo foi magnanimo e agasallounos cun día fermoso para espallar a nosa pandemía.


Ficha técnica >>



Album de fotos (por Zombi Zero)>>


Crónica de EZA057 Ruta dos Montes de San Cibrán: "Imos de escalada, Eivadiños Zombis!"

Ai que ver o que dan os camiños! Desta vez non nos conformamos con sair a camiñar, tamén contamos coa ocasión para practicar a escalada vertical, aínda que fose un pouquiño.

Atopámonos con que a Comandante e o seu consorte tiñan un plan para o domingo de ires a terras de Porriño e Budiño a facer o seu propio percorrido, aproveitando o mellor do mellor en canto a sinalizacións sendeiristas, e tamén descartando as partes máis eucalípticas para organizar unha saída típicamente e tópicamente SB, coa calidade e esixencia que os caracteriza en canto a roteiros excepcionáis e exclusivos, co seu selo, para o noso pracer e sorte.

Seriamos seis nesta ocasión os que nos reuniríamos no alto de Puxeiros. Eu andaba algo revolta con problemas familiares varios que ao final viñeron sendo problemas para mín soa xa que acabei consolando á familia para ser eu a que quedase coas preocupacións tentando aillalas o suficiente como para ter opción a disfrutar un chisco das bondades do camiño; creo que algo conseguín pois a pesares da mente que divagaba soiña e sen axuda tamén fun quen de percatarme dos tramos bonitos e dun dia que xurdiu benévolo e ata nos agasallou con algún que outro raio de soleil.

Nesta ocasión viñeron coma compañía esporádica e ocasional Christell e Javi, parelliña simpática e andarina que deron en aproveitar o camiño de xeitos moi diferentes, él adicado a estudar noruego cuns cascos que lle facían compañía aos pasos, e ela en conversas comigo que me axudaron a dispersar esas preocupacións familiares, de forma que entre falar da lúa, que esa noite estaría cheiña e bonita, de ioga, terapias, masaxes, obradoiros e demáis actividades que forman e conforman o meu dia a dia, acabamos perdidas nun cruce, esperando polos Zombis, a saber os Zombis con Botas e o Zombi Zero, por enriba dicindo que como tardaban e que andarían entretidos sacando fotos. E mentres, dalle que te pego ao palique, ata que a tardanza convertiuse en preocupación, en desandar o andado e en chamada telefónica porque esta Zombi caiu na conta e de repente que algo ía mal e que resulta que aínda que non o quería crer estabamos máis perdidas cun xabarín no medio do asfalto.

Alá viu o Zombi Zero ao noso rescate e acabamos todos xuntiños co consabido vacile a esta andarina que non por experimentada se libra de perderse, ai que ver!...

O camiño estaba a ser bonito e agradable, soleado e tranquilo, doado de camiñar, entre fincas, había moito que non facía un roteiro destas características e disfrutábao; tamén o agradecía pois unha sorte de cansanzo estrano me tiña pisando cos pés pesados e notando que desta vez non estaba tan óptima como para camiñar lixeiriña.

Botamos en falta ao Moto-Zombi, a súa flauta musical, os seus chistes, e ata o seu toniño "Xeneralísimo" con que nos agasalla nalgunha altura do camiño, máis hoxe andaba de romaría, a saber qué penitencia andaba a cumprir.

Paramos a xantar nun bosque con alfombras de follas e raios de sol iluminando os verdes floridos. Xa que na miña casa houbo cumpleanos levei tartiña para agasallar aos amigos. E seguimos camiño caminiño con pasos tranquilos que acabaríamos pagando con aceleracións fináis xa que nos quedaba todo por diante.

A Comandante nos tiña preparada unha sorpresa "escaladora" pois iamos pasar por Picoña, berce dos escaladores que se precian de selo, para alegría do noso Zombi Zero, que tivo a oportunidade de regresar a un pasado cheo de aventuras escaladoras; parecía un meniño con botiñas novas (de feito estreaba botas novas!) contándonos as súas aventuras, ensinándonos, levándonos por unha baixada que puña a proba os nosos soños escaladores. A quen non lle fixo ningunha graza, jaja!, foi a nosa esgrevia Comandante, que prefire a seguridade da terriña para pousar os pés, pero foi quen de baixar con honra e dignidade e coa promesa de que xa se tomaría a revancha dalgún xeito, que para iso é a Comandante.

Non teño moita noción das cousiñas vividas nesta ocasión, máis que de momentos puntuáis que me sacaban dos meus ensimismamentos sí ou sí, coma a parada dos columpios, nos que voltamos a ser meniños que gritaban yujú! cun sorriso de ourella a ourella; ou o momento chocolate no camiño, que sempre da para moito e instala un sorriso de golos@ e de disfrute.

Sería ao longo da cea cando parecín espertar, na que as meteduras e vaciles do meu amiguiño Zero conseguiron, unha vez máis, que me atragantase e tivese que sair fora para respirar un pouquiño e recuperase un alento que me permitise seguir a rir e a compartir agarimos e conversas cos amigos.

Coma sempre, sensación dunha xornada de domingo ben compartida, nutridora, cun camiño realmente magnífico e variado, cuns amigos que sempre teñen unha boa palabra, unha aperta e un apoio e atencións que só poden provir dun xeneroso afecto.

Aquí, corresponsal melodramática exercendo. Que non se diga!

Ata a próxima, amiguiños Zombis!

Zombi Melodramática, maio 012

1 comentario:

  1. Anxo nesta reportaxe superácheste !!! ( nas fotos,nos comentarios... ).Parece un corto de cine.

    ResponderEliminar