29 de enero de 2012

EZA041 Branda d'Aveleira - São Bento do Cando (Melgaço)


As nosas tropas medraron como unha auténtica pandemia, e volvimos insistir neses territorios nos que os Eivadiños deron en resucitar de entre os mortos. Volveron camiñantes históricos, para demostrar que mentres se camiña semella a ilusión de que se está vivo, e trouxeron reforzos que, a bo seguro, han de resultar importantes. A nosa Comandante volveunos mostrar as claves dunha boa infección, e entramos en San Bento dende o ceo. A nosa Senhora da Boa Morte sorría dende a súa camiña.

Ficha técnica (Variante) >>


Momentos Zombis de la jornada:
Momentos zombis


Album de fotos >>


Crónica de EZA041 Branda d'Aveleira - São Bento do Cando

Costoume aceptar que no mundo zombie eu son a "Zombie melodramática", eu quería ter un nome máis exótico ou que me definise doutro xeito (alter ego en acción). Pero rematei recoñecendo que o nome non podería ser máis apropiado, teño esa vena esaxerada e dramática tanto para divertirme como cando se me da por queixarme, así que co tempo aprendín a identificarme con este singular apelativo e a dia de hoxe ata lle teño estima e lugar ensinándome que unha das cousas máis importantes para unha zombie en particular e para unha mortal en xeral é tela capacidade para reirse de unha mesma.

Fantástico dia Eivadinhos Z o de esta saída a terras do Vez. Eramos sete os que se reunían capitaneados pola Comandante Z, que estaba especialmente estupenda e voltaba a levarnos polos caminiños fermosos e dadores nun dia que se presentou soleado, frio pero cálido nos anhelos das tropas zombies. Nesta nova xuntanza, tres dos que que íamos aínda tiñamos o refluxo das bondades que o camiño nos otorgara o dia anterior, nunha pateada máis que digna pola mesma zona na que rematamos ao máis puro estilo Sudando Botas, de noite pechada e con ademáns da Santa Compaña, alumeando o camiño que xenerosamente custodiaba os nosos pasos.

Cheguei a primeira a Amaquía, con tempo para ler a prensa e tamén coa intención de ser eu nesta ocasión a que recibise á xentiña. O dúo dinámico Zombies con Botas asomaba e vín na parte masculina un rostro perxudicado que se transformou en ledicia nada máis chegar ao noso destino, é o que teñen os bós camiños e os amigos, que revitalizan. Nembargantes a parte feminina tiña un rostro descansado e disposto a unha nova aventura.

Pouco despóis asomaban o meu queridiño, o primeirísimo nos meus afectos, o Zombie Zero, e a súa tropa nocturna. Sabía que viría Cachorriño porque falamos ao longo desa semana, había tempo que non compartiamos e había ganas mutuas de reencontros. Pero ademáis tamén viñan A Criatura e un zombie novo, Tucho (a saber qué nome se lle designa!). A xornada prometía, principalmente porque tería a atención de polo menos tres zombies incondicionáis que me agasallarían con agarimos e piropos varios, nos xestos, nas miradas, nos ademáns, nos silencios e nas conversas, era cuestión de agradecelo e de aproveitalo que non sempre se dan eses agasallos!. Déronme ganas de cantar a viva voz: Its raining men, aleluya!, jajajajaja, pero entretanto a disfrutalo que son dous dias, meniña!.

Fermosísimo roteiro e máis fermosa a compañía. O meu Zombie Zero particular desfacéndose en agarimos camiñantes e afectivos, o Cachorriño compartindo memorias no tempo pois non nos viamos dende o ano pasado e entre tanto foron pasando cousas. A criatura poñéndome ao dia das súas circunstancias e eu poñéndolle ao dia das miñas; con Tucho unhas primeiras aproximacións fructíferas, e co dúo dinámico Zombies Botas xa non fan falta moito máis, querémonos e punto, ademáis de estar máis que de sobra ao dia das nosas vidas.

Caminiños alucinantes e máxicos. Xantar acompañados dunha rá preguiceira a carón dun embalse que se fose verán invitaría a un delicioso baño. Andares demorados pero rítmicos, distendidos, reportaxe fotográfico digno a diversas bandas, poses que me puñan nerviosa pois son máis natural cando me pillan in fraganti independientemente dos caretos que xurdan.......

Incríble descenso a San Bento pola parte de atrás, dende arriba. Antes un prado marabilloso ofrecéndose e ofrecendo unhas panorámicas farto coñecidas e adoradas, "os meus penedos imposibles de reproducir ni en imaxes ni en palabras". Alegría e relax. Mans que se axudan, vacas dun só corno, caídas que mancan xeonllos, cafés deliciosos, visita á capela da nosa señora da morte (uhhh!, morbo que da arrepío!). Ofrenda á Sagrada Familia dun brazo de cera con boas intencións de sanación e ganas de ofrendar unha "tetas" que fagan as delicias do Zombie Zero no Santuario, puido máis a precaución católica apostólica que o desexo.

Remontada final entre os penedos, eu miraba fiumenta os pasos e os andares, e tamén aos saltimbanquis, pero tiven a decencia de respectar ao meu corpiño aínda convalecente dunha caída milagreira que aínda me ten sorprendida pola súa boa proxección, así que porteime coma correspondía e fun unha boa zombie, desta vez nada melodramática e sí moi conservadora, indo polo caminiño correcto e dando un rodeo para que o corpiño non se resentise de máis.

Decisión de enfiar cara ao Stop a remata-la xornada acompañados dunha boa cea, desta vez seguín do lado da prudencia e estoicamente renuncie ao saboroso arroz malandro para decantarme por un peixe grelhado acompañado con verduriñas deliciosas.

Risas, máis que risas, confianzas, bó ser e estar a carón da cheminea. Exhibición de fotos prohibidas, de anuncios psicodélicos, de carçalladas ata reventar con bágoas de risa nos ollos e dor de bandullo, non sei se polos excesos ou por tanto añoranza de bós momentos coma os que se estaban a dar, o caso é que o remate do dia estaba a ser tan excelente coma toda unha xornada en boa compañía.

O novo dixo que repetiría. Os demáis repetimos seguro, quen ía renunciar aos bos sabores que redundan en boas proxeccións?.

Dramáticamente zombie,

Salo, xaneiro 012.

Otra crónica "Fin de semada de lujo" en Nómadas >>

No hay comentarios:

Publicar un comentario