Mostrando entradas con la etiqueta Ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ourense. Mostrar todas las entradas

8 de julio de 2012

EZA064 Sendeiro dos muíños do río Gorgua e do monte Leboreirón (Ourense)


As estacións tolearan, e as moreas de zombis doutros tempos espallaranse polo mundo, deixando ó pequeno continxente dos tempos primixenios, que deron por espallar as súas pegadas polas terras arraianas do Laboreiro, eso sí, despois dunha paparota canibal nas terras da Cañiza. Ceos empapados de nubes de algodón, e terras reverdecidas polas chuvias, regatos con saltos de augas cantarinas e unha fraga enfeitizada. Despois dun feixe de intentos os Botas deron pechada a súa ruta en torno o monte Laboreirón e o río Gorgua, pois non hai sendeiro que se resista os seus ataques.

18 de marzo de 2012

EZA051 Sendeiro circular de Penagache (Ourense)


Nun deses días nos que semella que vai rematar o mundo, os Eivadiños Z derón en conquistar o Penagache dende o seu máximo desnivel, subindo dende Xacebáns e baixando por Bangueses, e disfrutaron e sufriron de tódolos tempos posibles: sol e nubes, sarabia, poalla e vento, e unha nevarada que non por avisada foi menos impresionante. Unha andaina de campionato, máis de vinte quilómetros a trote cochinero, desas que darían envexa o mesmo Zombi de Paramos.

17 de marzo de 2012

EZA050 Sendeiro do río Esmoriz (Ourense)


Ainda cos peores presaxios, desafiando ás previsións meteorolóxicas (confirmadas), ós bisontes e xabaríns (ou máis ben os cercados que os gardan), ós camiños que rematan ou desaparecen na maleza, os Eivadiños Z seguirón espallando a súa particular pandemia polas terras de Padrenda, nunha saída atípica que, deseguro, terá segunda parte. Cea excesiva en Trado, e dixestión nocturna en Abellás, que nos serviu de refuxio.

4 de marzo de 2012

EZA047 Sendeiro panorámico do río Cerves (Ourense)


Outra vez a élite Eivadiña dei por facer oídos xordos as predicións meteorolóxicas, e seguiron ós Zombis con Botas na procura de debuxar un círculo perfecto en torno o canón do Cerves, para que a súa pandemía seguirá espallándose polas terras de Melón e Ribadavia. A primavera adiantouse, e a nosa tropa perseguiu rabos de nube durante preto de vinte quilómetros, baixo a atenta direción da nosa Comandante Z. Os que quedaron en casa non saben o que perderon (agás o Zombi Xacobeo e a Zombi Melodramática que xa se adiantaran o día anterior).

16 de enero de 2012

EZA038 Sendeiro dos eólicos do Faro de Avión (Ourense)


Como naquel film de Os luns ó sol, marcharon tres zombis ociosos a colinizar as xeadas terras da Serra do Faro de Avión. E sin facer moito ruido abríronse paso entre toxos e xestas, entre neves e xeos, para darlle unha voltiña de regulamento a eses xixantes que, a falta doutra cousa, moen as nubes para beneficio dalgúns. Tres xeitos diferentes de camiñar, ou de arrastrarse, que confluiron para darlle outro sentido o primeiro día da semán.

13 de noviembre de 2011

EZA033 Leiro - Lebosende - Paredes (Ourense)


Ameazaba tormenta, máis os zombis semellan que son inmunes ós cambios climáticos, así que fixeron acopio de forzas en Quins, onde tiveron unha enchenta de carnochada, e avanzaron polas terras do Ribeiro, ata Leiro, para espallar a súa pandemia Antisenderista. Paparon mazáns, uvas, ervedos e figos, para completar a súa dieta, aínda que non poideron completar a súa ruta.

6 de noviembre de 2011

EZA032 Ruta do Canón do Sil, one more time (Ourense)


Como bós zombis, insistimos nos territorios xa infectados, e outra vez as nosas pegadas se espallaron pola Ribeira Sacra, camiñando entre soutos pragados de follasca e sorteando cantís con espectaculares panorámicas. Entramos no pobo cando o sol xa desaparecera do mundo, confundidos coas tebras, e non houbo balbordo de cans, nin murmullo de vellas, pois a nosa colonización estaba completa.

1 de noviembre de 2011

EZA031 Ruta do Canón do Sil (Ourense)


Era o tempo dos ourizos e das follascas tentando sepultar as nosas pegadas, tanto foi así que dimos voltas de máis para chegar a un territorio que pedía a gritos que espallaramos a nosa pandemía. E foi alí, preto das beiras do Sil, onde atopamos esa sínfonia de cores das que nos falaba o profeta, nos tempos aqueles nos que o Apocalipsis semellaba tan lonxano...

7 de junio de 2011

EZA011 Camiño natural do Barbantiño (Ourense)


O territorio xa estaba infectado, pero deusenos en insistir na compaña dun da miña corda, despois encher o bandullo no Casal de Quins, onde saimos máis zombis que nunca pola inxesta masiva de cadáveres e licores varios. O exercicio de antisenderismo completouse nas termas de Outariz.

22 de mayo de 2011

EZA010 Camiño natural do Barbantiño (Ourense)


Na primaveira os Eivadiños Z tiveron o seu empacho de melodrama, e deron por espallar as sua pandemia polas beiras do Barbantiño, onde colonizaron pozas e muíños. O mundo mudara moito dende aquela primeira vez na que se deixaron ver por aquí, cando aínda non caera a lousa sobre o noso leito.

23 de abril de 2011

EZA008 Senderio dos Muíños do Río Gato (Ourense)


Erguémonos con grandes dubidas, e non dabamos atinado co noso seguinte punto de infección, e non sei moi ben como rematamos en Cartelle, camiñando as beiras dun río Gato que baixaba con augas revoltas. Volvemos as adegas de Mogor, por se atopabamos a Pepe o Sacristan e nos convidaba a unha botella de zume vermello, pero non houbo sorte. Houbo cañas, eso si, na mellor tradición antisenderista.

21 de abril de 2011

EZA006 Sendeiros da Serra da Enciña da Lastra (Ourense)


A pandemia chegou á Serra da Lastra dun xeito accidental, pero unha vez alí estendeuse como unha marea negra. En Vilardesilva declarouse o principal núcleo de infección, e dende alí planeamos colonizar outras áreas cercanas. Loitamos contra as prediccións meteorolóxicas, que tentaban deter a nosa praga, e volvemos á vida grazas á boa xente de Chao do Prao.