Mostrando entradas con la etiqueta Animación GIF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación GIF. Mostrar todas las entradas

17 de marzo de 2012

EZA050 Sendeiro do río Esmoriz (Ourense)


Ainda cos peores presaxios, desafiando ás previsións meteorolóxicas (confirmadas), ós bisontes e xabaríns (ou máis ben os cercados que os gardan), ós camiños que rematan ou desaparecen na maleza, os Eivadiños Z seguirón espallando a súa particular pandemia polas terras de Padrenda, nunha saída atípica que, deseguro, terá segunda parte. Cea excesiva en Trado, e dixestión nocturna en Abellás, que nos serviu de refuxio.

29 de enero de 2012

EZA041 Branda d'Aveleira - São Bento do Cando (Melgaço)


As nosas tropas medraron como unha auténtica pandemia, e volvimos insistir neses territorios nos que os Eivadiños deron en resucitar de entre os mortos. Volveron camiñantes históricos, para demostrar que mentres se camiña semella a ilusión de que se está vivo, e trouxeron reforzos que, a bo seguro, han de resultar importantes. A nosa Comandante volveunos mostrar as claves dunha boa infección, e entramos en San Bento dende o ceo. A nosa Senhora da Boa Morte sorría dende a súa camiña.

22 de enero de 2012

EZA040 Máis alá do Camiño da Raíña (Pontevedra)


Seguimos os pasos da nosa raíña, a Comandante Zeta, que deu en mostrarnos o camiño dunha nobre da nosa terra, a malograda dona Urraca, e infectamos o curso do río Calvo coas nosas pegadas, nun territorio onde os soños aparecen sen que sexa preciso pechar os ollos. O xantar foi un auténtico festín, onde o apetito das tropas zombis semellaba non ter fin.

6 de noviembre de 2011

EZA032 Ruta do Canón do Sil, one more time (Ourense)


Como bós zombis, insistimos nos territorios xa infectados, e outra vez as nosas pegadas se espallaron pola Ribeira Sacra, camiñando entre soutos pragados de follasca e sorteando cantís con espectaculares panorámicas. Entramos no pobo cando o sol xa desaparecera do mundo, confundidos coas tebras, e non houbo balbordo de cans, nin murmullo de vellas, pois a nosa colonización estaba completa.