22 de abril de 2012

EZA056 Alto Covas - Rio Castro Laboreiro (Melgaço)


Sete zombis cal fregueses acudiron a súa cita dominical de Amaquía, as vellas dores do Zombi Zero atoparon o camiño para que este percibise antigas sensacións impedindolle arengar e pór orde entre as tropas na expansión da súa pandemia polas terras arraianas dos seus devanceiros...


Ficha técnica >>


Album de fotos (por Cabritillo Z)>>


Crónica de EZA056 Alto Covas - Rio Castro Laboreiro: "É por aquí....."

Domingo pola mañá. Todalas intencións de sair ao camiño, unha vez máis; con desexos da boa compañía, a dos amigos, eses que apoian e que nutren, que tamén te dín que dous máis dous son catro aínda que as veces queiras que sexan cinco. Amigos que te lembran quen és porque dánse esa clase de relacións nas que aínda que quixeras ser outr@ ves dándote conta que te veñen querendo igual sexas coma sexas, naquelas cousiñas que aportas e tamén naquelas nas que adoleces, o caso é estar aí, e estás, e están.

Cando cheguei a Amaquia xa estaba o Zombi paxuriño, alias Tucho, que sei que ten outro apelativo relacionado coas motos ou algo así, máis eu nestes momentos, seguindo a liña dos meus sentires, é coma veño sentindo que lle pega o nome, por iso de que Tucho ven sendo un aporte musical variopinto no camiño, entre as súas facultades relacionales cos paxaros e a melodía que sae do seu móbil cada vez que hai que chamar ao orde á tropa Zombi, moi na onda "Xeneralísimo", o caso é que éste amigo non ten desperdicio en aportes ao colectivo dos Zombis.

Ao pouco chegaba o Zombi Zero, lesionado e sen intencións de sair ao camiño nesta ocasión, máis leal coma él solo foi quen de vir a compartir o pequeno almorço co resto da tropa, facer acto de presenza e darnos a oportunidade de darlle unha boa aperta e de verlle a cariña; tan juapiño está últimamente que dan ganas de achuchalo de seguido, con ese novo look tan mega moderno entre intelectual e informal que lle dan as súas novas lentes. É o que ten server tanto para un roto coma para un descosido, e ese é o Zombi Apocalíptico, trasnoitador, amigo dos amigos, amante e amado da súa cobertura emocional.

Os Zombis Botas chegaban pouco despóis, a Comandante Z disposta a levarnos unha vez máis polos caminiños bonitos, o seu consorte dicíndonos cun gran sorriso que a pateada deste día ía ser "Épica"...., a saber qué nos tiñan reservado o dúo incombustible para darlle o apelativo de épico pois as súas andanzas son dignísimas sempre, co cal o dia prometía especialmente especial.

E de últimos pero non por iso menos importantes chegaba Mili moi requetebén acompañada por Jose, que hoxe se estrearía como andarín Zombi.

Despedida do noso querido Zombi Zero e tiramos como non últimamente, rumbo a Castro Laboreiro, terra xenerosa en aventuras coma poucas, entorno de presenza pétrea, de formas caprichosas, de paisaxes extensos, de augas abundantes e de ceos abertos, para a nosa ledicia. O meu talante era tranquilo, con desexos de disfrutar dunha xornada compartida sen grandes aspaventos, tan característicos na miña persoa; ía tranquiliña e sen moitas ganas de conversa, máis ben o que me apetecía era en todo caso, escoitar, tanto á natureza coma aos meus amigos, aínda que para conversa a que levamos no coche contándolles aos Zombis Botas as miñas aventuras e desventuras dos derradeiros quince dias, que para non variar sempre hai algo que contar aínda que eu pensaba que non, pero foi que sí.

O caso é que empezamos a camiñar e a cousa ía repousada ata que paramos a xantar nun entorno precioso, aberto, con vistas maxestuosas rodeándonos e amparándonos. Pero se ve que o home propón e a vida dispón. O xantar deixoume ansias de risos e espertou a cabritinha que levo dentro cando demos cun descenso tipo aventura monte a través; non contaba con esa parte que as veces agasalla o camiño, cando temos que desviarnos dun sendeiro predecible para poñer a proba as nosas habilidades e reflexos, escalando entre penedos tentando atopar unha zona viable de paso, ou vendo ao novo membro dos Eivadinhos Z, Jose, ao que dín en chamalo "Cabritinho Z" pois sen nengún lugar a dúbidas desbancoume no apelativo mentres o viamos de saltimbanqui por aquí e por acolá, definitivamente fixo o doble de camiño co resto entre tanta subida e baixada, correndo lixeiriño entre os penedos coma perico pola súa casa; e entretanto fotos e máis fotos, ao final da xornada fíxonos reconto e sacou nada máis e nada menos que mil trinta instantáneas, todas absolutamente marabillosas.

Mili, pola súa banda, reflectaba un sorriso e un benestar coma poucas veces lle vín, daba gusto vela, feliz, relaxada, algo preocupada porque lle dixera a Jose que a pateada ía ser sinxela e suave (para nada!, jaja!), máis a él non parecía preocuparlle en absoluto senón que máis ben se lle vía na súa salsa mandinga co movemento. Mili non daba feito hoxe cos nomes Z e empezou chamando a nosa Comandante "Capitana" (cando ese apelativo xa está collido amén de rebaixar a nosa Comandante a unha xerarquía menor), para pasar directamente a chamala "Xenerala", jajajaja........, que tampouco!, que para Xeneralísimo xa temos o toque de queda do Tucho, que no medio do camiño e cando menos o espera un/ha aí está dalle que te pego a musiquiña fascista mentres ao resto da tropa xa lle sae de manera espontánea levanta-lo puño e saludar con todolos honores a nosa Comandante, que por outro lado tamén lle sae a vena e acaba saudando ela tamén, jejejejeeje........

A frase deste dia veu sendo: Por aquí!, por aquí!, por aquí!....... E é que tod@s tiñamos algo que dicir hoxe, cada quen tentaba buscarse o paso coma ben podía e a tod@s nos parecía que o camiño elexido por un era o mellor e o máis viable. Ao final, coma sempre, o mellor sempre foi e sempre será o que diga a nosa mega comandante, senón que llo digan ao Zombi Botas que lle durou o liderazgo o que dura un suspiro e un: Por aquí! nos beizos da súa partenaire camiñante.

Monte, aire, fervenzas, rio, auga, penedos, vento, ameaza coa boquiña pequena de chuvia. Xornada insuperable, por bonita, por aventureira, por variada e porque sí, polo mesmo feito de haber ido.

Ramatamos tarde, rondaban ás oito. Aínda paramos en Castro Laboreiro a degustar pasteliños deliciosos e unha boa cervexa Bohemia antes de enfiar rumbo a Peinador, onde quedaramos co Zombi Zero e dous amigos máis para cear.

Só podo dicir que cheguei a casa a unha da mañá; este Tucho non perdoa unha, aquí hai que acabar ceando sí ou sí, aínda que mañá sexa luns, que coma dí él: Eu tamén me levanto cedo!

Xornada marabillosa, coma sempre, irrepetible. E iso que repetimos! Pero sempre sabe a novo.

Gusto de haber compartido con todos vos, amiguiñ@s.

Salo, abril 012

1 comentario:

  1. Miña querida Zombi melodramática: gustoume moito esta crónica a pesares (o quizais tamén por eso) de non estar con vós nesa xornada partillando pegadas e sorrisos. Penso que formamos unha extraña familia, que xa leva anos abrindo camiños onde fai tempo que só se escoita o murmullo do vento ou os chios dos corvos, non si?. Graciñas polas verbas de alento e de complicidade, tan sanadoras das miñas dores como a sabiduría das túas mans. Apertas e bicoliños.

    ResponderEliminar