Para combater unha das pandemias que asolan os nosos montes, a amenaza dos xigantescos xeradores éolicos, os nosos eivadiños deron en afastarse da súa natureza antisenderista e xuntaronse cunha morea de camiñantes solidarios, para facer escoitar o eco de centos de pegadas que tremaban pola salvación da Serra do Galiñeiro. Percorreron en masiva compañía as ribeiras do Zamáns e no encoro comezaron o ascenso cara o parque forestal, onde agardaban gaiteiros e pulpeiras. Na baixada a Comandante Z descubriu camiños insólitos, aínda para os máis afeitos a percorrer os encantos desta serra.
Crónica (en preparación)
Ficha técnica >>
Más información "Pola Protección da Serra do Galiñeiro" >>
Album de fotos (por Zombi Zero) >>
No hay comentarios:
Publicar un comentario