22 de julio de 2012

EZA065 Sendeiro do Pozo Piñeiro (Pontevedra)


"Estaban os catro un día, os mellores deste barrio..." como nos vellos tempos si, os Zombis con Botas, a Melodramática e mailo Zero, rexeitando as previsións meteorolóxicas e os anuncios do Apocalipsis. Semellaba que tolearan saíndo da sombra do cimiterio de Piñeiro, onde o mundo se chama Covelo, e subindo por unha pista forestal desarborada cara os cumios do Suido, pero a Comandante tiña reservada unha sorpresa... outro anaquiño do Paraíso, cunha lagoa de augas cálidas e azuladas onde pensamos estar mergullándonos no ceo.


Más información: Ruta Poza de Piñeiro >> (Concello de Covelo)

Banda sonora de la jornada:

Tony Ronald Web Official >>


Album de fotos (por Zombi Zero) >>


Crónica de EZA065 Sendeiro do Pozo Piñeiro: "A gran odisea, ascenso ao pozo vello de Piñeiro"

Válgame Deus!, que se me pillan falando asasino a alguén este domingo! A Eivadinha Z melodramática en plena acción!, coas ganas que tiña de sombras e de auga, con proxectos de roteiros posibles, dous!, nin máis nin menos, e o Zombi Zero plantexaba cinco!, cinco señoras e señores!. Pero os Zombis Botas dixeron a palabriña máxica: FOFE!.... Pois vale!, pensamos os dous restantes: Río, sombra, auga, baños....., si si si.... Pois foi ser que non!. Para os Botas FOFE, nesta ocasión, tiña pinta de ascenso alucinante a pleno soleil das 13,00 horas nun dia de calor agoniante, montaña arriba, espida, sen sombras. Eu mellor pensei en ficar calada porque se falaba podería arrepentirme, e coma non son de arrepentimentos pois subín montaña arriba, sen descanso, sen tregua, un paso e outro paso, porque a máis non daba, chorrenado suores por zonas que descoñecía da miña anatomía. Pero a promesa dun baño, non as tiña todas comigo!!....

Trás case dúas horas de subida indecentemente calurosa, cun exceso que ata a mín me apabullaba, por fin!!, meu Deus!, coma era posible haxar aí arriba, entre nada, semellante visión??- " Y se hizo la luz!!! ", facéndolle honra ao meu apelido, alí estaba a agardar o pozo vello de Piñeiro, non sei se rio (non me quedou claro), non sei se embalse, non sei se lago, pero o que sí sei é que nada máis chegar a súa beira todo me sobraba e a necesidade era mergullarse en tan xigantesca abundancia de augas invitadoras e claras, solitarias, con tan só o murmurio das múltiplies rás, raiñas do entorno e protestando pola nosa presenza, coma dicindo: E vós que facedes aquí, andades perdidos ou qué??

Marabillosa inmersión a catro bandas, non importaba demasiado atopar na auga unha especie de algas alieníxenas que obrigaban a protexer os buratos espidos que se mergullaban na auga, inspirando guións extraterrestres e de gravideces mutantes parindo "cousas" estranas en nove meses, pois máis que algas aquilo parecía unha especie de semen acuático nada tranquilizador, pero a calor é a calor e o demáis son tonterías, aquí o que premiaba era refrescar os corpiños e nada manoliño que o demáis son películas de ciencia ficción....

Buscando sombras para o xantar atopamos o único lugar onde, por suposto, os cabalos, fermosísimos, da zona, paraban a brebar. Cheiraba que daba gusto oiga!, pero unha sombra é unha sombra, e nin carrachos nin bostas ían impedirnos acampar alí.

Xantar e sesta, sesión de cóxegas, risas e imáxenes que quedarán para as futuras lembranzas. Nin chisca de ganas de patear hoxe, o tema era buscar baño e sombra sí ou sí, e xa que sombra non había, despóis de facer un medio amago de intento de pateada foi ser que voltamos ao mesmo lugar a bañarnos, que era o mellorciño que podiamos facer, para seguidamente iniciar un descenso apresurado soñando coa estación final, o campo santo de Piñeiro onde tiñamos o coche esperando.

Parada en Fofe a merendar, por iso de que o merecíamos, aínda nada máis que fose por esa subida alucinante monte arriba sen un chisco de media árbore compasiva cos nosos suores. Catro toliños, non sei se en apuros pero en todo caso xeitosiños e especiáis coma eles mesmos son, merendando á sombra, iso si, tostas de queixo fresco con marmelada de pementos que sabían a gloria, haberá que practicar a receita; non vou a entrar en menudencias falando da parsimonia e lentitude da atención hosteleira, un pouco máis e nos dan as uvas do fin de ano no lugar!....

Despedida no alto de Puxeiros, cada moucho ao seu olivo. Xornada atípica pero non especialmente estrana dado o historial dos Eivadinhos. Eses baños fixéronme esquecer a subida bochornosa e cabreada. Estes Botas seguen a ser do mellorciño do barrio, sigo a querelos aínda que as veces saquen esa vena asasina que todos levamos dentro. Por esta vez quedan liberados de tan tremenda crueldade, o premio final ben valeu o esforzo.

Grazas, super dúo. Grazas, apocalíptico coxegueiro.

Bicoliños existenciáis e apertas agarimosas.

Ah!....., un agasallo ao dia seguinte!...., unha fermosísima e asquerosa cría de carracho no meu ventre, nin a ducha impediu que durmise comigo!! A pesares dos inconvintes...., quérovos!!!

Melodramática, xullo 012

No hay comentarios:

Publicar un comentario