Para combater unha das pandemias que asolan os nosos montes, a amenaza dos xigantescos xeradores éolicos, os nosos eivadiños deron en afastarse da súa natureza antisenderista e xuntaronse cunha morea de camiñantes solidarios, para facer escoitar o eco de centos de pegadas que tremaban pola salvación da Serra do Galiñeiro. Percorreron en masiva compañía as ribeiras do Zamáns e no encoro comezaron o ascenso cara o parque forestal, onde agardaban gaiteiros e pulpeiras. Na baixada a Comandante Z descubriu camiños insólitos, aínda para os máis afeitos a percorrer os encantos desta serra.
13 de mayo de 2012
6 de mayo de 2012
EZA057 Ruta dos Montes de San Cibrán (Pontevedra)
Os ceos de treboada non fixeron mella no ánimo dos Zombi Z, aínda que pesaron para que quedaran deste lado da fronteira. A Comandante Zeta guíonos con man de ferro e guante de seda polos penedíos de San Cibrao e Budiño, onde tantas nostalxías se lle agocharon na mochila ó Zombi Zero. Houbo moito melodrama e moito sorriso espallado pola Salopin e por Christelle, e semella que ata Javi e o señor Botas compartiron algunha conversa con fundamento. O ceo foi magnanimo e agasallounos cun día fermoso para espallar a nosa pandemía.
30 de abril de 2012
III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro

III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro: A Ruta da Auga
Domingo, 13 de mayo de 2012
Más información: Plataforma "Pola Protección da Serra do Galiñeiro" >>
Informe: EZA058 III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro >>
22 de abril de 2012
EZA056 Alto Covas - Rio Castro Laboreiro (Melgaço)
Sete zombis cal fregueses acudiron a súa cita dominical de Amaquía, as vellas dores do Zombi Zero atoparon o camiño para que este percibise antigas sensacións impedindolle arengar e pór orde entre as tropas na expansión da súa pandemia polas terras arraianas dos seus devanceiros...
8 de abril de 2012
EZA055 Trilho Castrejo (Melgaço)
A piques estivo a nosa Comandante Z de deixarnos sen mando nen rumbo, o ver unha auténtica avalancha de zombis acudindo a nosa cita de Amaquía. Dín que eran lexión, e despois dun momento de pánico, os Botas resolveron levarnos á terra dos antergos do Zombi Zero, nas serras arraianas que rodean Castro Laboreiro. Houbo que facer penitencia cara o Bico do Patelo, pero ninguén se queixou, e a pandemia espallouse ata a mesmisima aba de Pena de Anaman, onde o MotoZombi subiu o púlpito a contar unha de guerra, e unha paisana do ToxoZombi ofreceunos unha cantiga medieval, mentres a intrépida cadela Z tentaba atrapar algún resto do almorzo. Moitas lembranzas espalladas polo camiño, mesturadas con sorrisos e pegadas.
7 de abril de 2012
EZA054 Trilho da Chã da Franqueira (Caminha)
O retorno da Capitana ás tropas Eivadiñas fixolle replantexar a comandancia a deriva das derradeiras convocatorias, e deunos unha xornada de respiro na Serra d'Arga, onde semella que se adiantou o Apocalipsis. Otra vez saímos, e comeza a ser tradición, dun cemiterio, e dende alí percorrimos canicouvas e congostras, visitando unha fermosa fervenza e algún pobo con encanto. Non chegamos ós quilómetros reglamentarios, pero tomamos as cervexas de reglamento para celebrar o reencontro cos amigos.
5 de abril de 2012
EZA053 Polas terras do Alvarinho (Melgaço)
Saliron do cemiterio do Divino Salvador de Paderne os nosos destemidos e defuntos Eivadiños, camiñando polas tumbas, congostras e toxeiras, baixo un ceo realmente apocaliptico, para completar un círculo (case) perfecto, coa intención de encerrar dentro del as terras fértiles do Alvarinho, onde quedara para sempre espallada esta pandemia. O Antisenderismo tivo un día grande, e deron voltas e reviravoltas para acadar a recompensa de café e cervexas a metade de camiño. A chuvia, por fin, apareceu coas chegada das tebras e tiveronse que botar á estrada para evitar males maiores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
